28.5.08

La poesia atlàntica de María Lado (i 2)


Com explico en l’entrada anterior, aquesta entrevista col·lectiva a l’escriptora gallega María Lado és una iniciativa de Moncho Bouzas, administrador del bloc Singradura da relinga. En Moncho ens va proposar, a un grup d’administradors i administradores de diversos blocs relacionats amb el mar i la cultura marítima, escrits en diverses llengues, fer un parell de preguntes a la María en les nostres respectives llengües, a partir de la lectura del seu poemari titulat “Berlín”.

Els blocs i blocaires que participem en aquesta entrevista col·lectiva som:
En llengua gallega: Besbe, de Beliscos pequenos; Moncho, de Singradura da Relinga; i Manuel, de Homes de pedra en barcos de pau.
En llengua castellana: Mar, de Una mirada a la ría de Vigo; i Noe, de El observatorio de la Noe.
En llengua portuguesa: Marieke de Ponto de encontro.
I en llengua catalana, aquest bloc.



El mar és el camí: He vist alguns video-clips amb els teus poemes, i el mateix “Berlín” forma part d’una obra més àmplia, que combina poesia, la música de “Fanny+Alexander” i la teva pròpia interpretació dels poemes. Vas escriure “Berlín” pensant ja en donar-li aquesta dimensió “multimèdia”?

María Lado: Nun principio a escritura de berlín tratábase só de escribir unha serie de poemas, sen máis dimensión que esa. De feito berlín foi un libro feito por encarga para a colección Poeta en Compostela que promovía a AELG, o Concello de Santiago e o xornal Correo Gallego. De modo que nun principio só pretendía ser un libro en papel do máis tradicional. O feito de que despois se convertera nun poemario publicado en rede (a primeira publicación en rede foi na sección Letras de Balde de Arredemo) e máis tarde gañara esa dimensión de spoken word da man de Fanny e Alexander (a quen llo agradecerei enorme toda a vida, pois foi iniciativa deles) foi posterior. Non foi algo que planificara dende o principio. Aínda que si que é certo que teño ese interese en darlle á poesía máis dimensións que a escrita. Esa concepción da obra literaria que traspasa xéneros interésame moito.

El mar és el camí: Tu vas néixer i vas créixer a la Costa da Morte, prop de Fisterra; un lloc on la presència del mar es fa sentir en tot moment. Quina influència té, el mar, en la teva obra? I com és la teva relació personal amb el mar? També el portes “aniñado no peito”, com la Genoveva d’un dels teus poemes?

María Lado: Malia que isto pareza un tópico, creo que o mar é algo que marca moito á xente que somos da costa, xa que é un elemento moi potente, algo cunha presencia moi evidente. Para min o mar leva toda a vida aí, forma parte das miñas paisaxes, tanto reais como sentimentais, e por iso é moi recurrente no que escribo, xa que tamén é moi recurrente na miña vida. A miña relación co mar é de fascinación e mesmo necesidade. Fáiseme moi difícil vivir sen el. Pode ser que tamén o leve aniñado no peito como Genoveva :)




Una Mirada a la Ría de Vigo: Los distintos océanos y mares son diferentes; unos más cálidos, otros más fríos, unos con más sal, otros más densos; así la vida que en ellos se desarrolla también es diferente, su color es diferente, su luz es diferente, su olor es diferente, hasta el sabor de su pescado, de su marisco es diferente. ¿Has percibido esa diferencia del Atlántico respecto de otros mares y océanos?

María Lado: Teño a sensación, pero só é unha vaga impresión, de que pode haber unha diferencia -tamén plasmada na literatura, no modo en que se expresa literariamente,- entre océanos como o Atlántico das terras do norte e mares como o Mediterráneo, que , ao meu ver, transmiten unha idea diferente, unha imaxe distinta. Pero isto, xa digo, é algo que só presinto. O que si creo que hai son diferentes maneiras e visións, á hora de achegarse ao mar. Cousas que dependen máis das persoas, do enfoque, das intencións... que do mar en si.


Una Mirada a la Ría de Vigo: ¿Qué tiene de personal e identificativo el Atlántico, por tanto, que no tengan otros mares u océanos, para que hayas encontrado allí tu inspiración?

María Lado: Para min o Atlántico é o meu océano, quero dicir que é co que teño trato e o que coñezo, así que iso é o que o fai persoal e identificativo para min, pois forma parte do meu imaxinario íntimo.




Ponto de Encontro: Para escrever uma obra como Berlim não basta só ter inspiração, tem de se ter um estado de alma, preenchido com saudade, melancolia, uma pitada de tristeza, enfim diz-me como foi escrever Berlim?

María Lado: Partindo da base de que foi escrito con moita constancia (pois xa digo que a obra foi un encargo que tiña un tempo de entrega e todo iso) si é certo que superado ese trámite tiven que facer que o proxecto fose meu, persoal e propio e moi afincado en min para poder escribila. De modo que adoptar un estado da alma -por conservar esa denominación que propós- era algo basicamente necesario. berlín é unha historia de amor inventado, algo xa precedido polo fracaso, e para escribilo adoptei tamén esa sensación que oscilaba entre a emoción do imaxinado, con moita tenrura, e unha tristeza na que desemboca todo. Nos meses que o escribín, que creo que foron dous, estiven metida nese ambiente continuamente. Pero sobre todo tiña a sensación de estar escribindo unha historia fermosa de final agridoce. É unha sensación moi bonita deixarse arrastrar así por un libro. Algo que parece un pouco enfermizo, si, pero moi gratificante.

Ponto de Encontro: Para se escrever um poema como Novembro tem de se ter uma relação com o Mar.diz-me, qual a tua relação com o mar e de que forma ele te inspira?

María Lado: Para min o mar é un elemento de forza impresionante que forma parte do meu entorno dende sempre. E dende sempre me inspira de maneiras diferentes; nel atopo imaxes de tránsito, de camiño, véxoo como fonte de vida e tamén animal famento... No caso de nove (que foi finalmente o título do libro onde está o poema novembro que mencionas) o mar gañou un matiz moi violento, moi animal, que se relaciona directamente co sentimento de pertenza a un lugar, o cal tampouco era un lugar moi apracible, senón todo o contrario. O mar é ademais o axente principal das cousas que ocorren no lugar, por iso ten ese carácter en todo o poemario e non outro.





El Observatorio de la Noé: Soy una convencida activista contra el canon por préstamo en las bibliotecas y eso es algo que reflejo en mi blog casi continuamente. Son muchos los creadores que se han manifestado en contra de esta normativa, es por ello que como autora y dado que tu obra es objeto de préstamo bibliotecario, quisiera que me respondieras a la siguiente pregunta: ¿Qué piensas sobre la Directiva 2006/115/CE sobre derechos de alquiler y préstamo, que fija un canon por cada préstamo público de libros y que se viene aplicando en España desde 2007?

María Lado: Eu creo firmemente que é bo que a cultura sexa de acceso libre e que ademais ese sistema é viable para que tanto autores como outros axentes da cultura poidan vivir dignamente se replantexamos a cousas .
Claro que no sistema actual hai cousas que os autores tampouco poden controlar. Se os meus libros son obxecto de préstamo é algo que eu non podo controlar, pois eu teño libros dos que non teño os dereitos e, doutra banda, non podo pretender saber a onde van todos e cada un dos meus libros. De calquera maneira paréceme unha inxustiza enorme, porque ademais creo que as bibliotecas públicas son un dos maiores tesouros da sociedade, representan en si o acceso libre á literatura. Pola miña banda, eu intento facer o que podo porque os meus libros e textos se poidan consultar libremente, fotocopiar, imprimir, citar... e todo iso sen que se teña que pagar por eles. Non pretendo vivir dos dereitos (así polas boas) do que escribo, senón do que escribo e do que recito.

El Observatorio de la Noé: He leído en alguna entrevista previa que te quejabas de la poca afición que, en general, la gente siente por la poesía. Tus palabras concretamente fueron: “…hay muy pocos lectores y muy pocas personas que asistan a los recitales y eso, me imagino, que en parte es culpa de los poetas.” ¿Por qué piensa que los propios poetas son los culpables de esta situación? ¿Cuál cree que es el mejor método para difundir, así como crear afición a la poesía?

María Lado: A idea que durante moitos anos houbo do poeta era unha imaxe moi marcada pola aureola de tipo inspirado de altura intelectual superior ao común dos mortais. Ou sexa, alguén difícil de entender (comentario co que aínda a día de hoxe me atopo) serio e bastante aburridiño, co seu libriño debaixo do brazo adormecendo ás masas. Tamén está a imaxe do poeta máis social, que –para desgracia dos poetas e da sociedade- vénche sendo un tipo máis cercano pero igual de brasas. Esa é a idea que a xente ten metida na cabeza de poeta. Ou, cando menos é a que eu atopo nos colexios e nos institutos cando vou ler ou dar talleres e mesmo entre adultos, tamén. Iso é culpa principalmente do sistema educativo, non nos enganemos, que nos grava esa idea a lume na fronte. Pero tamén dalgúns poetas, que se distancian eles mesmos do público, que teñen cinco minutos para ler e len quince, que se agochan detrás do libro e largan os seus textos como quen reza e cousas moito peores que fan que a xente se bote a tremer cando escoita falar de poesía. Aínda así, eu son un pouco esaxerada; non todos os poetas (e isto é así en todos os tempos) son así. Moitos teñen unha imaxe cercana e viva da poesía a así o demostran. E hoxe en día é moita a xente que se ocupa de transmitir esa idea que, durante anos, subsistía un pouco nas marxes da poesía oficial.
Doutra banda a poesía é variada e adopta diversas formas e estilos, está en moitos máis sitios que nos poemas (está nas películas, nos vídeos musicais, na publicidade...) e a xente -e tamén os poetas- comezan a tomar conciencia desa diversificación, o que mata un pouco esa idea clásica de poeta.




Singradura da Relinga: A creación artística en xeral e a literaria en particular non se conciben senón é ligada á comunicación social. Neste sentido hai autores e autoras que seguen circunscribindo a súa acción as redes de distribución tradicionais a través de editoras e librarías. Na sociedade actual existe outra rede de distribución de contidos (internet) que non está en competencia coa tradicional, senón que mesmo a potencia establecendo relacións sinérxicas mutuamente proveitosas. Hai consciencia sobre este fenómeno por parte das autoras e autores galegos e danse pasos cara o aproveitamento da rede a favor da literatura?

María Lado: Eu creo que esa consciencia é aínda moi pouca, quero dicir, que existe e que hai xente que traballa nesa liña, mesmo proxectos comunitarios e editoriais que se achegan a esas novas redes de transmisión. Pero creo que aínda é algo case anecdótico, que é moi pouca a xente que se anima a dar o salto á rede. E é algo que me estraña, e moito, sobre todo entre autores novos, que teñen na rede unha posibilidade incríble de facer chegar os seus textos aos lectores e practicamente non o aproveita ninguén. Non hai máis que ver unha plataforma como aregueifa para darse conta da cantidade de música que hai fronte a uns poucos libros. Sen embargo supoño que é algo que chegará co tempo. Polo de agora penso que a maior parte dos autores seguen precisando ter un libro de papel entre as mans. Tamén me sorprende atoparme con críticos que din iso, que os libros en internet non son libros para reseñar. Que é obra invisible. Iso é algo que me flipa e me parece simplemente unha pequena ignorancia.

Singradura da Relinga: Berlín é un poemario meritorio non só pola sinxeleza e profundidade da mensaxe, senón que nos parece tamén destacable porque a súa edición para a rede se enriquece coa fusión con otros creadores de ámbitos distintos á literatura; a música “indi” de Fanny+Alexander que están embarcados nun proxecto de contemporaneización da música galega, e na ilustración e o deseño nada menos que coa aportación do debuxante David Rubín.
Esta fusión converte a Berlín en algo cualitativamente distinto, porque a creación interdisciplinar ten unha enorme potencia comunicativa. Tes previsto impulsar máis proxectos das mesmas características?


María Lado: Se todo vai ben, en moi breve tempo sairá en papel e á maneira de toda a vida o poemario nove (do que antes falei) xa que foi gañador dun premio que contempla a edición. Falando co editor que sacará o libro (Fervenza) chegamos ao acordo de que terei liberdade para facer unha edición dixital que tal vez se retrase por cuestións de axenda propia (é que, simplemente, non dou feito :) pero que estará dispoñible nos mesmo termos de descarga que berlín. Non teño aínda pechado todo o que será nove, aínda que me gustaría que fose algo semellante, un proxecto onde se engloban varias expresións.





Beliscos Pequenos: A túa obra é moi persoal, ou iso é o que semella tras varias lecturas. No caso que nos ocupa, Berlín, todo o que expresas está baseado en vivencias reais ou a poesía sempre axuda a construír outros universos?

María Lado: En berlín hai pouco de experiencia persoal cando menos así á vista. Para construír os poemas o que adoito facer é situar unha pequena amarra coa realidade, un vínculo a min ou a algo que recoñezo que se vai cubrindo e transformando a medida que o poema avanza e se vai convertendo en literatura. A poesía, e a literatura en xeral, son métodos marabillosos para construír outros universos. e ás veces para construír este, tamén.

Beliscos Pequenos: Utilizaches durante moito tempo a rede para comunicarte cos teus amigos, lectores e expoñer a túa obra. Dende decembro do ano pasado non actualizas o blogue, que foi o que che levou a tomar esta decisión cando agora outros autores están utilizando a rede para o mesmo que a utilizaches ti?

María Lado: Pois non foi algo planificado. Agora volvín retomar o blog, hai só uns días, pero botei uns meses sen facer nada porque o fun deixando deixando -por outras presións da vida que me restaban tempo-, e así quedou. Non me gusta ter tampouco unha relación de obligación co blog e por veces tiña esa sensación, de modo que deixeino uns meses e, ao comprobar que non pasaba nada (que o mundo non deixaba de rodar nin o ceo se desplomaba sobre as nosas cabezas) foi cando me vin con ánimo e tranquilidade suficiente para volver a el. Para min é unha maneira de forzarme a min mesma a escribir e de probar textos pequenos sen ningunha presión. Doutra banda é tamén un exercicio de comunicación co entorno, de compartir e intercambiar cos outros, ao tempo que vale para iso que todos chamamos autobombo: é dicir, para convocar polos teus propios medios á xente, sen facer carteis nin ter que agardar a que a prensa seria lle interese meter o teu recital, acto ou merenda na axenda do día.




Homes de pedra en barcos de pau: Como xa O_Fartura e Besbe che fan as súas preghuntas en galego , eu , aproveitando que recitas con Gheada e seseo, voume dar o ghusto de faser as miñas preghuntas tal e como falo, en ghallegho costeño, mariñeiro e muradán . Escoitarche ler Berlín en ghallegho, ca doSe sonoridade que da o “noso seseo costeño”, faime sentir ben , e identificarme mais se cabe ca túa poesía. Pero en Sertos Sírculos , pareSe pecado expresarse co noso aSento. Non tes medo de que os “deuses” da normativiSaSión lingGHüistica che condenen ó inferno do despreSio?

María Lado: Da verdade é que o da gheada e o seseo foi unha determinación que tomei dende sempre, dende que empecei a escribir e ler coas xentes do Batallón Literario da Costa da Morte. Para min é honra e orgullo falar coma falo. Ler poesía así é unha maneira de dignificar trazos lingüísticos que están historicamente mal vistos e que, non nos enganemos, nalgúns círculos aínda se ven como algo entre o anecdótico e o pouco aconsellable para a expresión culta. O que si dubidei moito, especialmente a raíz de abrir o blog, foi sobre se debía grafalos ou non, tanto a gheada e o seseo como outros trazos lingüísticos ( como diptongos e terminacións verbais). Finalmente decidín que non, non sei moi ben porque, e ás veces arrepíntome un pouco porque son solucións que co tempo se perderán completamente e eu na fala oral emprégoas a cotío, sendo tamén parte da miña maneira de expresarme.

Homes de pedra en barcos de pau: “Quen me dera que todo na rede fose peixe”! Esa sería a maior ilusión para un mariñeiro. Pero por desghrasia non todo na rede é peixe , nin andar no mar é doado. Naveghar no medio do oséano das verbas, a min, as veses, prodúseme serto mareo , por iso da falta de costume. Tí que estas máis acostumada a andar neses mares, aínda che dan arcadas ó naveghar por eses caladoiros?

María Lado: Ás veces si, e non por outra cousa que pola cantidade de literatura que aínda me falta por ler....uf! Ás veces entro nas librerías e penso “dios... pero que inculta es mariquiña”.

Foi todo un pracer.

4 comentaris:

naveganteglenan ha dit...

Hola joan sol y demás blogueros marinos. Magnífico prueba de comunicación sobre temas que nos interesan a todos. Que los idiomas están para comunicarse. Saludos a todos los participantes.

Amiga Atlántica ha dit...

Joan Sol, me encantaron las foto con las que ilustraste este artículo, especialmente la de la aleta dorsal.
Un abrazo oceánico
(esto aprendí de María Lado:-))

Joan Sol ha dit...

Hola, navegante!

Realmente ha sido un experimento muy interesante. Tenemos que hacer otros trabajos colectivos, con algún tema en el que podamos participar todos. No sé, los faros, por ejemplo, que sé que a ti te gustan. Por cierto, ayer, en las páginas del "New York Times" que publica los jueves "El País", aparecía un artículo que me hizo acordar de tu blog. Se titula "Un sentido lamento por los faros desmoronados" y habla del mal estado de conservación de muchos faros franceses. Seguro que tu has escrito sobre algunos de ellos. Lo escaneo y te lo mando por mail.

--------------

Ei, Mar! Celebro que te gusten las fotos. Las de piedras son de la zona del Cap de Creus; de algunas calitas donde nos vamos a bañar cuanto navegamos por allí. Y las del lomo y de la aleta dorsal son de una palometa que pesqué al curricán en una de mis salidas. Era un pez precioso, con unos colores metalizados increibles, y le hice unas cuantas fotos con el macro. La verdad es que cuando lo estaba fotografiando me dio una pena enorme haberlo matado. Lo comimos y estaba delicioso. Pero pensé que eso sólo era una excusa para justificar el sacrificio del pobre animal, y que la belleza muerta se apaga y no tiene ningún sentido intentar capturarla.

Suena bien eso del abrazo oceánico, sí. Me apunto!

naveganteglenan ha dit...

Hola joan sol. He leido con agrado el artículo del New York Times que citas y me parece muy acertado. En los tiempos del GPS, los faros dejan de tener la importancia de antaño, pero siguen siendo útiles para los veleros (especialmente cuando se estropean los GPS y no hay repuesto :-)

La Unión Europea ha potenciado el proyecto At Lights, Atlantic Lights, que intenta dar a conocer los faros europeos en la costa atlántica. Espero que permita mantenerlos.

Hasta pronto.